InicioPOLÍTICARueda di que sería unha "mala noticia" que A Coruña quede sen...

Rueda di que sería unha “mala noticia” que A Coruña quede sen a sede da Aesia tras o recurso de Andalucía

Publicada o

Por editor

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, considerou este venres que sería “unha mala noticia que se poña en dúbida” A Coruña como sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), polo que pediu ao Goberno central que “defenda a súa decisión”.

Estas declaracións foron realizadas polo mandatario autonómico en Vigo tras inaugurar un tramo da senda peonil e ciclista que percorrerá toda a fachada do Porto, desde As Avenidas ata Bouzas. Alí, foi preguntado sobre as palabras do presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, que pediu ao Executivo que volva convocar o concurso da Aesia para “empezar de cero” porque, ao seu xuízo, “fíxose mal”.

Alfonso Rueda dixo que respecta as reivindicacións doutras cidades, como Granada, que non resultaron elixidas. “Non é nada novo”, engadiu. Con todo, destacou o traballo levado a cabo en Galicia para impulsar a candidatura da Coruña e que finalmente chegase a “alegría” de ser seleccionada.

Por iso, espera que sexa unha decisión “definitiva” porque é “moi boa” para Galicia e “sería unha mala noticia que se puxese en dúbida”. Así, solicitou ao Goberno que “defenda a súa decisión” con todos os argumentos e explicacións necesarias para deixar claro que “se fixeron as cousas ben”. “Se as cousas están ben feitas, non haberá problema. Con independencia daqueles que non resultaron designados”, sentenciou.

Precisamente este venres coñecíase que o Consello de Goberno da Xunta de Andalucía aprobará o vindeiro martes un acordo instando o Executivo central a “rectificar a súa decisión” sobre a sede de Aesia, á que aspirou Granada, e volver convocar o proceso para elixir onde se situará este organismo para o que foi elixida A Coruña. Así o indicou o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, instando a “empezar de cero” a selección porque “se fixo mal”.

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here